Fauna de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hábitats[editar | editar a fonte]

Mamíferos[editar | editar a fonte]

Entre os grandes carnívoros destacan dúas especies desaparecidas de boa parte da Europa occidental, o oso pardo, noutrora espallado polos principais montes das catro provincias galaicas e hoxe visitante ocasional dos Ancares lucenses, e o lobo ibérico, subespecie endémica da Península que conta cunha poboación de 600 exemplares (o 30% da peninsular[1]), o que fai de Galicia a comunidade onde se atopa a maior densidade desta especie.[2] Outros carnívoros destacados son o gato montés, escaso en Galicia (distribúese polas zonas rochosas e os bosques caducifolios máis afastadas do home),[3] o raposo e os mustélidos; teixugo, furón bravo, donicela, londra, visón americano (introducido polas granxas peleteiras nos anos 60, hoxe en día constitúe unha ameaza para as aves),[4] martaraña e garduña. Os Vivérridos están representados coa presenza da algaria.

Co abandono do rural especies coma o corzo e, en particular, o xabaril están vivindo unha rápida expansión

Os herbívoros están representados por especies bastante espalladas como algúns cérvidos: cervo común, gamo, (introducidos como especies cinexéticas) e corzo. Poboacións de cabra montesa (reintroducida en 1997), carneiro bravo (introducido como especie cinexética) e redutos de rebezo. Co paseniño abandono do rural galego, destaca o incremento das poboacións de xabaril e corzo.[5] Segundo a Asociación del Corzo Español, Galicia é a comunidade española coa maior densidade desta especie, destacando en particular a provincia de Lugo onde se cifrou unha poboación duns 22.000 corzos (2007).[6] No tocante ao xabaril, a súa poboación estimouse nuns 40.000 animais, cifra que sen a incidencia das batidas podería chegar ata os 100 mil, consituíndo unha auténtica praga no monte galego.[7]

Ten unha boa representación varias especies de insectívoros: ourizo cacho, furaño común e de xardín, murgaño patibranco e de Cabrera, furafollas ibérico, grande e pequeno, toupa, o aguaneiro; roedores: esquío, rato mouro, rilón, leirón careto; lagomorfos (destacan endemismos como a lepus granatensis e a lepus castroviejoi), quirópteros; rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de morcegos que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos,[8] pinnípedos e cetáceos; Nas costas galegas atópanse 6 especies diferentes de pinnípedos,[9] no tocante aos cetáceos, rexistrouse a presenza de ata 22 especies de cetáceos, das cales as máis comúns son o caldeirón, o golfiño riscado, o arroaz (cuns 500 exemplares), a toniña (con 300)[10] e o golfiño común.[11]

Extincións e reintroducións[editar | editar a fonte]

Os séculos XIX e XX viron minguar as poboacións dalgúns dos principais mamíferos galegos ata o punto de extinguirse no territorio galaico. As causas principais foron a caza indiscriminada e a alteración do hábitat. Isto levou á extinción a especies tan senlleiras da fauna galega como o oso pardo, a capra pyrenaica lusitanica (endémica de Galicia e do norte de Portugal), o rebezo e outras que naquel tempo xa eran escasas en Galicia coma o lince (tamén coñecido como lobo cerval ou rabaz).[12] Tense constancia da presenza do oso pardo en Galicia xa dende a Idade Media. A distribución do oso pardo en Galicia chegou a abranguer as catro provincias galegas, aínda que de xeito irregular. O oso debeu chegar incluso ata a costa como denota a toponimia; como por exemplo a parroquia costeira de Oseiro no concello de Arteixo cuxo topónimo fai referencia á abondosidade de osos.[13] Os derradeiros osos galegos foron abatidos nos anos 20 do século XX. Segundo Ortuño y De la Peña (1977) os derradeiros osos de Galicia foron unha osa e maila súa cría cazados nos Ancares en 1920. Porén L. Iglesias (1932) citou a súa presenza en 1927 e Cunqueiro e Castroviejo (1977) falan dun oso cazado no concello de Cervantes sen citar data.[13] A Capra pyrenaica lusitanica, autóctona do noroeste ibérico extinguiuse a finais do século XIX. Na actualidade a Xunta de Galicia está a reintroducir unha subespecie moi semellante á cabra montesa galega, a Capra pyrenaica victoriae, con exemplates procedentes da Serra de Gredos. O programa está a ter grande éxito nos parques naturais da Baixa Limia-Serra do Xurés e Montes do Invernadeiro.[12] No ano 2006 censáronse 400 exemplares námbolos dous parques.[14] No caso do lobo cerval en Galicia considérase extinguido dende os anos 1980-85, datas nas que aínda se cazaba en zonas do leste e sur da provincia de Ourense.[15] Sarmiento escribía xa no século XVIII que non é animal moi frecuente, nin tampouco moi raro en Galicia.

Avifauna[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de aves de Galicia.

Paseriformes[editar | editar a fonte]

Os córvidos atópanse ben representados: pega rabilonga, marza e azul, gralla cereixeira, corvo viaraz e carnazal, e maila choia biquivermella. O abelleiro e o gaio azul revelan a influencia das especies mediterráneas no sur de Galicia. Outros paxaros paseriformes de gran poboación no país son o pardal ou o merlo.

Aves de caza, zancudas e de curral[editar | editar a fonte]

Outras non paseriformes[editar | editar a fonte]

Aves mariñas[editar | editar a fonte]

Os álcidos xunto cos carráns, gaivotas, paíños, mascatos e corvos mariños son os principais explotadores dos recursos mariños das costas galaicas.

Paíño do mal tempo

A comunidade de aves mariñas de Galicia participa de dúas características fundamentais: As costas de Galicia debido á súa posición xeográfica, encamiñan os pasos migratorios de varias especies de aves mariñas con importantes poboacións aniñantes nas costas do Atlántico Norte, circunstancia á que se sumarían as rutas de dispersión postnupcial dalgúns procelariformes; pardelas cincenta, curricacho, xoubeira, furabuchos e balear.

Arao dos cons

En segundo lugar, un volume máis ou menos importante de aves mariñas do Atlántico Norte ten cuarteis de invernada nas augas de Galicia tal e como sucede co corvo mariño grande, as gaivotas escura e chorona, o arao dos cons, romeiro, e papagaio, o mascato, o paíño gallado e os carráns cristado, ártico e común.

As costas galegas destacan tamén polas súas colonias de cría de aves mariñas. En Galicia hai 7 especies aniñantes: o paíño do mal tempo, o corvo mariño cristado, as gaivotas escura, chorona, patiamarela, o garrucho, e mailo arao dos cons. O paíño do mal tempo foi descuberto como aniñante no ano 1989 no illote de Agoeira, nas Illas Cíes. Dende entón descubríronse niños nas furnas de illotes illados ao longo de toda a costa galega.[16] Arcos & Gil (2001) estimaron unha poboación de máis de 240 parellas.[17] O corvo mariño cristado aniña ao longo de toda a costa, atopándose o groso da poboación no Parque nacional das Illas Atlánticas onde se atopa a maior colonia europea.[18] O primeiro censo galego da especie data de 1976, cando se citou unha poboación de 539-555 parellas, a poboación seguiu medrando ata chegar a un máximo de 2.500 pp entre os anos 2000-03.[19] A partir desa data, mentres o resto das poboacións galegas medraban notablemente, as colonias principais sufriron un descenso maior ao 40%, pasándose a unha poboación total de 1.266 en 2007 (un 33 % menos)[20].

Corvo mariño cristado no niño.

Entre as causas da diminución, atópanse a mortalidade producida por mor da marea negra do Prestige, as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a presión que exercen sobre as colonias especies invasoras.[21] A gaivota escura é principalmente invernante (15.000 exemplares de media),[22] aínda que tamén existen pequenas poboacións ao longo da costa galega. No ano 2000 contabilizáronse unhas 330 parellas aniñantes nas Illas Sisargas, Sálvora, Coelleira e nas Illas Cíes principalmente.[23] Como invernante a súa poboación varía entre os 6.000 e os 14.000 exemplares.

Exemplares de gaivota patiamarela nas Illas Cíes

A gaivota chorona, ao igual ca escura, inverna nun número considerable (22.500 exemplares),[22] atópase en expansión e cría localmente ao longo da costa e do interior galego. A gaivota patiamarela é a gaivota máis abondosa en Galicia. No suroeste do país vive o 10% da poboación mundial, asemade ten no arquipélago das Illas Cíes a súa principal colonia mundial. En toda a comunidade aniñan máis de 46.000 pp (MOURIÑO et ARCOS 2002) principalmente na costa, aínda que cada vez aniña máis nas vilas galegas costeiras, chegando a aniñar en vilas interiores coma Santiago de Compostela.[24] O garrucho colonizou a península a comezos dos anos 70, como consecuencia do grande aumento e expansión das súas colonias setentrionais, aniñando por primeira vez nas Illas Sisargas en 1974. Máis tarde descubríronse colonias no Cabo Vilán en 1987 e nas Illas Berlengas de Portugal, desaparecendo destas en 1983. Estas colonias marcan o límite sur da súa distribución no Atlántico. En 1992 a súa poboación aniñante estimouse en 235 parellas, cunhas 185 parellas na colonia das Illas Sisargas, considerándose como estabilizada e cunhas 50 parellas no Vilán de Fóra. Até finais dos 90 a evolución das colonias semella confirmar a súa estabilidade ou un lixeiro crecemento. Durante o inverno, pasan polas costas galegas miles de aves, sendo máis escaso o seu número no Mediterráneo.

e o arao dos cons. Xunto a estas 7 especies que aniñan ao longo da costa galaica probablemente engadiranse nos próximos anos a 2 máis: o gaivotón, a meirande das gaivotas que habitan en Europa, que foi localizada nos últimos anos aniñando en senllas localidades da costa lucense (2005) e na illa de Sálvora (2008),[25] e posiblemente a pardela cincenta, que foi atopada en época de aniñamento nunha furna do parque nacional das Illas Atlánticas.[25]

Aves de rapina[editar | editar a fonte]

O miñato común é a ave de rapina máis abondosa de Galicia

En Galicia habitan cinco xéneros de aves de rapina: os xéneros das familias Accipitridae, Falconidae e maila Pandionidae (rapinas diúrnas) e as familias Tytonidae e Strigidae (rapaces nocturnas). Na súa maioría estas aves distribúense ao longo de todo o territorio galego, mais son as provincias de Lugo e Ourense onde se atopa unha maior diversidade destas aves.[26]

Segundo apunta o biólogo Lino Fontán, as principais ameazas que afectan ás rapinas son os incendios forestais, a urbanización descontrolada, os traballos forestais inaxeitados, a proliferación de pistas, a destrución das tradicionais zonas abertas con arboredo, a caza, e os pesticidas e praguicidas que matan ou reducen a variedade de plantas e insectos onde viven estas aves.[26]

As principais rapinas do xénero accipitridae son o miñato común (3.000-4.000 pp.),[27] o gabián común (2.000-3.000 pp.),[28] o azor común (800-1.400 pp.),[29] o miñato queimado (560 pp.),[30] e mailo miñato abelleiro (100-130 pp.).[31] Destacan tamén outras aves coma a tartaraña cincenta (non chega a común),[32] o miñato real,[33] a aguia albela (30-80 pp.),[34] a tartaraña arpella, a gatafornela (38-57),[35] a aguia real (>5 pp; en perigo de extinción[36]), a aguia caudal, e mailo voitre branco (1 p. 2007),[37] todas elas nidificantes e escasas.[38] Outras aves do xénero que habitan en Galicia malia non aniñar nela son o voitre leonado (en aumento)[39] a aguia perdiceira, e mailo peneireiro cincento (en aumento, descubríronse indicios de aniñamento). Do xénero pandionidae atópase tan só a aguia peixeira, que fica en terras galegas durante a época de invernación. Do xénero falconidae as aves máis abondosas son o lagarteiro peneireiro (min. 1.500 pp.)[40] e mailo falcón peregrino (<50 pp.),[41] outro falcónido que aniña localmente no país é o falcón pequeno (>30 pp.),[42] entre os que non aniñan destacan o lagarteiro das torres e mailo esmerillón común.

Entre as rapinas nocturnas, a curuxa común (<1.500 pp.)[43] representa ao xénero tytonidae, o xénero strigidae está representado pola avelaiona común (<1.400 pp.),[44] o moucho común, e de orellas, o bufo real, e pequeno e maila curuxa das xunqueiras (ave invernante que cría de xeito local).

Extincións e reintroducións[editar | editar a fonte]

Macho e femia de parrulo rabilongo, extinto en Galicia

Durante os anos 50 do século XX, o Franquismo levou a cabo en Galicia traballos de desecamento de zonas húmidas, traballos que constituíron auténticos atentados ecolóxicos como o desecamento total da lagoa de Antela, a maior zona húmida da Península Ibérica, ou a parcial da lagoa de Cospeito. Estes traballos comportaron á extinción da fauna galega, de especies senlleiras coma o grou, a gaivina negra, o abetouro común, a garza denoteira, a garzota, o ganso bravo, o pato rabilongo, o cullerete, a cerceta albela, a mazarico rabinegro, o bilurico común, o carrán común e maila gaivina de cara branca.[45]

Pita do monte

Asemade, a perda de Antela supuxo a desaparición do derradeiro lugar de cría do ganso bravo na Península Ibérica, así como a desaparición da principal área de reprodución do abetouro común, a avefría, a becacina cabra e do carrán común na península. Durante as décadas dos 80 e 90, a desidia e a falta de compromiso do goberno autonómico e das autoridades competentes levaron á extinción ao arao dos cons e maila pita do monte.[46] Na actualidade existen varias especies que corren a mesma sorte e que se atopan en grave risco de desaparición. Estas son o corvo mariño cristado, o mazarico real,[47] o sisón, a aguia real, a perdiz charrela, o alcaraván e a avefría, entre outras aves.[46]

No caso do corvo mariño cristado, estanse repetindo as mesmas causas que levaron a unha poboación de 3.000 parellas de arao nos anos 60,[48] á completa extinción a comezos do século XXI. Entre estas causas atópanse a mortandade directa producida por mor das mareas negras (véxase afundimento do Prestige), as capturas accidentais producidas polos trasmallos e a sobreexplotación dos caladoiros. No tocante ao resto das aves, estase producindo exactamente o que levou á pita de monte á extinción. A falta de protección das especies e dos seus hábitats está facendo que as súas poboacións atópense cada vez máis fragmentadas ata niveis que, sen un plan urxente de recuperación, fan inevitable a súa extinción.

Anfibios e réptiles terrestres[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Lista de anfibios de Galicia.

De entre os urodelos en Galicia só hai unha única familia, Salamandridae que comprende 15 xéneros con máis de 40 especies. Destas especies 5 habitan en Galicia, repartidas en 3 xéneros: Salamandra, Triturus e Chioglossa.

Invertebrados[editar | editar a fonte]

Invertebrados mariños[editar | editar a fonte]

Invertebrados terrestres[editar | editar a fonte]

Conservación da natureza[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. La Comunidad gallega concentra unas 80 manadas de lobos, entre 500 y 600 ejemplares, una cifras que suponen el 30% del total en España. Además, la Xunta no considera que sea una especie amenazada, pues su población no está en descenso, sino bastante estabilizada en esta autonomía. Lavozdegalicia.es 29/11/2005, Consultada o 07/07/09
  2. Os ecoloxistas esixen axudas para fomentar a pervivencia do lobo Lavozdegalicia.es 13/8/2008, Consultada o 07/07/09
  3. Barja Núñez & Bárcena (2005)
  4. Visón americano Medioambiente.xunta.es, Consultada o 08/07/09
  5. Furtivismo S.A. Arquivado 04 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Elcorreogallego.es 17/05/2008, Consultada o 08/07/09
  6. LA FACULTAD DE VETERINARIA DE LUGO Y LA A.C.E. LLEVAN A CABO UN ESTUDIO SOBRE LAS ENFERMEDADES PARASITARIAS QUE AFECTAN AL CORZO EN GALICIA. Arquivado 04 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Corzo.info 23/11/09, Consultada o 08/07/09
  7. O imparable abandono do campo apontoa o imperio do xabaril Arquivado 02/04/2015, en Wayback Machine. Lavozdegalicia.es 01/03/09, Consultada o 08/07/09
  8. Galicia cuenta con casi la mitad de la diversidad de murciélagos de Europa Soitu.es 19/08/2008, Consultada o 07/07/09
  9. Obxectivo: preservar os enclaves marítimos Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. Galicia-hoxe.com 17/08/2007, Consultada o 09/07/09
  10. Mato, M (11 de marzo de 2007). "La fauna gallega exhala su SOS". Faro deVigo (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2019. 
  11. Oceana reclama unha reserva mariña en Muros para conservar os cetáceos Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. Galicia-hoxe.com 08/04/2009, Consultada o 07/07/09
  12. 12,0 12,1 Biodiversidade/Especies/ Especies extintas Arquivado 17 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Medioambiente.xunta.es 2007, Consultada o 07/07/09
  13. 13,0 13,1 Distribución histórica del oso pardo en la Península Ibérica - Ministerio de Medio Ambiente Arquivado 15 de decembro de 2007 en Wayback Machine. Mma.es 18/04/06, Consultada o 07/07/09
  14. A poboación de cabra montesa multiplicouse por sete nun decenio Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. Lavozdegalicia.es 16/07/09, Consultada o 07/07/09
  15. O lince. O lobo cerval. Lynx pardinus. Unha xoia que xa non temos en Galicia. Consultada o 12/07/09
  16. Os paíños europeos das illas galegas Arquivado 02 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Lavozdegalicia.es 17/03/04, Consultada o 22/07/09
  17. Paíño Europeo Hydrobates pelagicus Arquivado 24 de marzo de 2007 en Wayback Machine. Seo.org 24/07/09
  18. Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) Arquivado 21 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Medioambiente.xunta.es, Consultada o 25/07/09
  19. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 50
  20. Web dedicada ao estudo e a divulgación de información sobre o cormorán moñudo na Península Ibérica Arquivado 31 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán). (Consultado o 25/07/09)
  21. No ano 2009 detectáronse os primeiros casos de depredación por visóns americanos.
  22. 22,0 22,1 As aves acuáticas 1[Ligazón morta] Medioambiente.xunta.es Consultada o 25/07/09
  23. Aves Mariñas de Galicia- Marea Negra do Prestige Webs.uvigo.es 27/03/2003, Consultada o 25/07/09
  24. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 250
  25. 25,0 25,1 La gaviota de mayor envergadura de Europa, la "Larus marinus" anida en Sálvora Masmar.net 23/05/2008, Consultada o 28/07/09
  26. 26,0 26,1 A maioría das aves rapaces de Galicia habitan en Ourense e Lugo Arquivado 02/04/2015, en Wayback Machine. Lavozdegalicia.es 02/12/06, Consultada o 29/07/09
  27. Busardo ratonero: Ministerio de medio ambiente Mma.es, Consultada o 28/07/09
  28. Gavilán común: Ministerio de medio ambiente Mma.es, Consultada o 28/07/09
  29. Azor común: Ministerio de medio ambiente Arquivado 17 de novembro de 2009 en Wayback Machine. Mma.es, Consultada o 28/07/09
  30. El milano negro en España I Censo nacional (2005) Arquivado 29 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Seo.org 2005, Consultada o 28/07/09
  31. Situación actual e estado do Miñato abelleiro (Pernis apivorus) en Galicia Arquivado 11 de xullo de 2009 en Wayback Machine. Chioglossa.com 2004, Consultada o 28/07/09
  32. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 128
  33. [1] Arquivado 21 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Consellería de Medio Ambiente, Consultada o 02/01/10
  34. Situación actual de las rapaces diúrnas (orden falconiforme) en España. Ministerio de Medio Ambiente, Consultada o 04/01/2020
  35. Distribución actual y estima poblacional del aguilucho pálido en España (1994) Consultada o 04/01/2020
  36. Ministerio de medio ambiente: Águila real Mma.es, Consultada o 29/07/09
  37. Consellería de medio ambiente: Voitre branco Medioambiente.xunta.es, Consultada o 28/07/09
  38. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005)
  39. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 124
  40. Cernícalo vulgar: Ministerio de medio ambiente Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. Mma.es, Consultada o 28/07/09
  41. Situación del halcón peregrino (Falco peregrinus) en A Coruña (NO España): población reproductora, distribución y amenazas Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. Consultada o 02/01/10
  42. Falco subbuteo. Ministerio de medio ambiente Mma.es, Consultada o 28/07/09
  43. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 327
  44. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 290
  45. Via Auria Arquivado 03 de xullo de 2009 en Wayback Machine. Viaauria.es, Consultada o 28/07/09
  46. 46,0 46,1 En perigo varias especies de aves en hábitats de Galicia Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. Galicia-hoxe.com, Consultada o 29/07/09
  47. Peligran 25 especies animales Arquivado 04 de novembro de 2010 en Wayback Machine. Elcorreogallego.es 14/01/2007, Consultada o 28/07/09
  48. Penas Patiño & Pedreira López & Silvar (2005), p. 326

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barja Núñez, Isabel; Bárcena, Felipe (2005). "Distribución y abundancia de gato montés (Felis silvestris) en el Parque Natural Os Montes do Invernadeiro (Galicia, NO de España): factores de hábitat implicados y relación con la presencia de zorro y marta". Galemys: Boletín informativo de la Sociedad Española para la conservación y estudio de los mamíferos (en castelán) (17 (Extra 1)): 29–40. ISSN 1137-8700. 
  • Penas Patiño, Xosé Manuel; Pedreira López, Carlos; Silvar, Carlos (2005). Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-87674-06-2.